Imos facer unhas entradas no blog para ver as partes dunha sesión de Educación Física.
Na sesión temos as seguintes partes:
- Fase de información: na que falamos do que imos facer nesa sesión.
- Fase de quecemento ou activación: na que realizamos uns exercicios ou xogos para desentumecer os músculos antes de realizar outra tarea máis forte.
- Parte principal: na que traballamos os contidos mediante xogos.
- Volta á calma ou relaxación: na que realizamos tareas máis suaves, falamos sobre a sesión e facemos o aseo individual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario