xoves, 29 de abril de 2021

Fotos do Día da Educación Física na rúa

   Estas son algunhas das imaxes das sesións de Educación Física de onte. 

   Para celebrar o Día da Educación Física na rúa fixemos varias sesións nos arredores co colexio.

 




mércores, 28 de abril de 2021

Día da Educación Física na rúa

   O 28 de abril celébrase o Día da Educación Física na rúa

   Entre os obxectivos desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.

   No noso cole imos realizar varias das sesións de Educación Física de hoxe na rúa.




xoves, 22 de abril de 2021

Recollebolas en 2º de Primaria

   O alumnado de 2º de Primaria iniciou o 3º trimestre traballando co material que fixeron na casa.

Elaboraron os recollebolas para as sesións de Educación Física e divertíronse moito.