Amosando publicacións coa etiqueta Día do Peón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Peón. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de marzo de 2025

Buxainas con Guillem Vizcaíno

   Hoxe visitounos o noso amigo Luis Ramas, gran coñecedor do mundo das buxainas, e veu acompañado do mallorquín Guillem Vizcaíno.

  Guillem foi campión mundial de baile de buxainas tradicionais no ano 2020.

  Gozamos dunha demostración das súas habilidades coas buxainas.

  Grazas Luis e Guillem.


 

mércores, 13 de novembro de 2024

Obradoiro de peóns

 Hoxe celebramos o Día do Peón. 

 Recibimos a visita de Luis Ramas, Mestre de Educación Física que sabe moito de buxainas. 

 Gracias Luis por ensinarnos tanto sobre as buxainas.

 




venres, 10 de novembro de 2023

Obradoiro de peóns

  Hoxe celebramos o Día do Peón. Recibimos a visita de Luis Ramas, Mestre de Educación Física que sabe moito de buxainas. Gracias Luis por ensinarnos tanto sobre as buxainas.


 

 

mércores, 8 de novembro de 2023

Día do Peón 2023

O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón. 

Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega. 

O venres 10 teremos un obradoiro de peóns impartido por Luis Ramas. 


 

sábado, 12 de novembro de 2022

Exhibición de baile de peóns

   Onte tivemos a visita de Omar Pule, campión internacional na especialidade de baile de peóns, facendo unha exhibición para o alumnado do cole. 

  Despois o alumnado intentou bailar os seus peóns nas pistas.

  Deste xeito celebramos o Día do Peón.

  Estas son as imaxes da xornada:


 

venres, 11 de novembro de 2022

Día do Peón

   Hoxe 11 de novembro celébrase o Día do Peón.

  Imos ter a visita dun campión internacional da modalidade que nos fará unha exhibición.

  Nas sesións de Educación Física intentaremos bailar os peóns e gozar da xornada.



xoves, 12 de novembro de 2020

Día do Peón no CEIP María Pita

  Onte celebramos o Día do Peón nas clases de Educación Física.

  Aínda que o alumnado non bailou os peóns, explicamos as súas partes e os mestres fixemos unha demostración de como bailan.




 



mércores, 11 de novembro de 2020

Día do Peón

  O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón.

  Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega.

  Premendo na imaxe podemos ver un vídeo de como se fai un peón.