mércores, 29 de novembro de 2023

Visita de ASPACE

   Hoxe, o alumnado de 6º de Primaria, achegouse á realidade das persoas con parálise cerebral grazas ao programa de sensibilización "Yo como tú" de ASPACE. Moitísimas grazas!!

 



martes, 28 de novembro de 2023

Obradoiro de Capoeira

   Esta semana visítanos Fran, da Asociación Capoeira Coruña, para impartir un obradoiro ao alumnado de 1º a 4º de Primaria.

  A actividade forma parte do Proxecto de Vida Activa e Deportiva que realizamos no cole.

 


 

venres, 10 de novembro de 2023

Obradoiro de peóns

  Hoxe celebramos o Día do Peón. Recibimos a visita de Luis Ramas, Mestre de Educación Física que sabe moito de buxainas. Gracias Luis por ensinarnos tanto sobre as buxainas.


 

 

xoves, 9 de novembro de 2023

Visita do Dépor Abanca

    Hoxe recibimos a catro xogadoras do Dépor Abanca.

   Sara, Lía, Clara e Ayaka viñeron a falar co alumnado de 3º a 5º de Primaria sobre a súa faceta futbolística pero tamén soubemos sobre a súa formación académica, ...

   Animaron ao alumnado a que vaian o vindeiro domingo a animalas ao partido que xogarán no estadio ABANCARIAZOR. 


 



mércores, 8 de novembro de 2023

Día do Peón 2023

O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón. 

Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega. 

O venres 10 teremos un obradoiro de peóns impartido por Luis Ramas. 


 

venres, 3 de novembro de 2023

xoves, 2 de novembro de 2023

A Ruta do Facho Olímpico: 2ª etapa ( Tokio - Washington)

Este curso estamos facendo a ruta do Facho Olímpico desde Olimpia ata o María Pita. 

Todo o alumnado, de Infantil ata 6º de Primaria, fará 8 etapas polo recorrido marcado polo cole. 

 Este mes de novembro faremos a 2ª etapa desde Tokio ata Washington.