xoves, 27 de abril de 2023

Imaxes do Día da Educación Física na Rúa 2023

  Onte celebramos o Día da EF na Rúa realizando as sesións de EF de 3º de Primaria no parque de Oza.

  Estas son as imaxes da actividade:


 

 

mércores, 26 de abril de 2023

Día da Educación Física na Rúa

  Hoxe, 26 de abril, celébrase o Día da Educación Física na Rúa

   Entre os obxectivos desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.

   Para celebralo imos realizar varias das sesións de Educación Física de hoxe no parque de Oza. 


 

 

luns, 24 de abril de 2023

CORUÑA CORRE 2023: San Pedro de Visma

  Xa está en marcha a "X Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre".

  Co fin de promover a práctica do deporte e hábitos de vida saudables animamos a nosa comunidade educativa a participar neste circuíto de carreiras.

  O prazo de inscrición para a proba do 7 de maio remata o domingo 30 de abril

  Cando te inscribas recorda poñer que pertences ao CEIP María Pita.

 


 

luns, 10 de abril de 2023

Camiño dos Faros: vídeo da 7ª etapa

  No mes de abril imos coa 7ª etapa do Camiño dos Faros. 

  De Muxía ata Nemiña cunha distancia de 25 km. 

  Este é o vídeo da etapa: