O alumnado de Primaria agasallou ao de Infantil con fachos feitos por eles para que poidan realizar a actividade da "Ruta do Facho Olímpico".
O alumnado de Primaria agasallou ao de Infantil con fachos feitos por eles para que poidan realizar a actividade da "Ruta do Facho Olímpico".
O alumnado de Primaria elaborou os seus fachos olímpicos.
Cada aula emprega os seus para realizar a Ruta do Facho Olímpico.
Este curso seguimos cos Recreos Activos no colexio.
Dous días á semana compartimos a actividade co CEE Nosa Señora do Rosario.
Novo curso traballando en prol da igualdade e da figura da muller no mundo e na historia.
Este ano o noso PDI ten por nome "Mulleres que abren camiño". Ao longo do curso traballaremos figuras femeninas de diferentes partes do mundo, relacionadas todas co mundo das artes.
Seguiremos ao facho olímpico no noso camiño xa que, non podemos esquecer, que estamos en ano olímpico.
Este curso imos facer a ruta do Facho Olímpico desde Olimpia ata o María Pita.
Todo o alumnado, de Infantil ata 6º de Primaria, fará 8 etapas polo recorrido marcado polo cole.
Cada mes será unha etapa e así o noso Facho Olímpico recorrerá todos os continentes ata chegar ao noso cole en xuño.
Neste mes de outubro comezamos a ruta do facho olímpico no María Pita.
Pero antes imos coñecer a súa historia: