Unha vez rematado o Camiño dos Faros, o alumnado xa está recibindo a súa credendial que certifica a súa participación na actividade. Cada etapa vai cuñada co selo do cole.
venres, 9 de xuño de 2023
martes, 6 de xuño de 2023
Camiño dos Faros 2022-2023
Rematamos o Camiño dos Faros coa finalización da 8ª etapa.
Comezamos no mes de outubro esta actividade na que o alumnado facía andainas no circuito preparado nos exteriores do cole ata ir completando as 8 etapas do Camiño. Ademais nas titorías foronse realizando actividades relacionadas co Camiño.
Para celebrar o final da actividade elaboramos o seguinte vídeo:
luns, 5 de xuño de 2023
Rematamos o Camiño dos Faros o Día do Medio Ambiente
Hoxe luns, 5 de xuño, é o Día do Medio Ambiente e foi o día elexido para dar por rematado o Camiño dos Faros.
Despois de 8 meses nos que todo o alumnado participou nas andainas das 8 etapas damos por rematado o Camiño dos Faros.
E que mellor día para xuntarnos todo o cole e facer a derradeira andaina que o Día do Medio Ambiente.
Este é o vídeo da actividade.
luns, 8 de maio de 2023
Camiño dos Faros: vídeo da 8ª etapa
No mes de maio imos coa 8ª e última etapa do Camiño dos Faros.
De Nemiña ata Fisterra cunha distancia de 27 km.
Este é o vídeo da etapa:
luns, 10 de abril de 2023
Camiño dos Faros: vídeo da 7ª etapa
No mes de abril imos coa 7ª etapa do Camiño dos Faros.
De Muxía ata Nemiña cunha distancia de 25 km.
Este é o vídeo da etapa:
luns, 6 de marzo de 2023
Camiño dos Faros: vídeo da 6ª etapa
No mes de marzo imos coa 6ª etapa do Camiño dos Faros.
De Camariñas ata Muxía cunha distancia de 32 km.
Este é o vídeo da etapa:
venres, 3 de febreiro de 2023
Camiño dos Faros: vídeo da 5ª etapa
No mes de febreiro imos coa 5ª etapa do Camiño dos Faros.
De Arou ata Camariñas cunha distancia de 25 km.
Este é o vídeo da etapa:
mércores, 1 de febreiro de 2023
Mapa do Camiño dos Faros
O alumnado de 3ºB de Primaria realizou un mural sobre o Camiño dos Faros.
No mural localizaron cada un dos faros cunha foto.
luns, 9 de xaneiro de 2023
Camiño dos Faros: vídeo da 4º etapa
No mes de xaneiro imos coa 4ª etapa do Camiño dos Faros.
De Laxe ata Arou cunha distancia de 18 km.
Este é o vídeo da etapa:
xoves, 15 de decembro de 2022
Visita de Iago Dosil
Hoxe tivemos unha visita moi especial. O corcubionés Iago Dosil veu contarnos a súa aventura no Camiño dos Faros. Iago fixo as 8 etapas do Camiño (200 km) sen parar, en 41 horas e 30 minutos.
O alumnado quedou impresionada coa charla que nos ofreceu Iago.
mércores, 7 de decembro de 2022
Búsqueda das normas do Camiño dos Faros
Traballamos as normas do Camiño dos Faros realizando unha búsqueda polo circuito do Camiño.
O alumnado tiña que buscar as pistas e presentarllas aos seus compañeiros/as.
luns, 5 de decembro de 2022
Normas para facer o Camiño dos Faros
O alumnado de 4º de Primaria preparou unhas normas a ter en conta para facer o Camiño dos Faros.
Xa están expostas no mural do Proxecto:
xoves, 1 de decembro de 2022
Camiño dos Faros: vídeo da 3ª etapa
No mes de decembro imos coa 3ª etapa do Camiño dos Faros.
De Ponteceso ata Laxe cunha distancia de 28 km.
Este é o vídeo da etapa:
luns, 7 de novembro de 2022
Camiño dos Faros: vídeo da 2ª etapa
No mes de novembro imos facer a 2ª etapa do Camiño dos Faros.
De Niñóns ata Ponteceso, cun percorrido de 27 km.
Neste vídeo podemos ver a etapa ao completo.
xoves, 20 de outubro de 2022
Traski en 3ºC
Traski ademais de guiar no Camiño dos Faros ao noso alumnado, tamén o acompaña dentro das aulas.
En 3ºC crearon o seu marcapáxinas da biblio con Traski.
martes, 18 de outubro de 2022
Camiño dos Faros: 1ª etapa
No mes de outubro estamos facendo a 1ª etapa entre Malpica de Bergantiños e a
praia de Niñóns (21,9 km).
Todo o alumnado participa na actividade do Proxecto de Vida Activa e Deportiva.
xoves, 13 de outubro de 2022
Camiño dos Faros: vídeo da 1ª etapa
Todo o alumnado do cole iniciou a 1ª etapa do Camiño dos Faros.
A etapa comeza en Malpica de Bergantiños e chega a Niñóns.
Para que o alumnado coñeza o percorrido temos este vídeo para explicarlles a etapa.
venres, 30 de setembro de 2022
Quen é Traski?
“Traski é ese pequeno ser , ese trasno que está aí aínda que non o vexas, que te está acompañando en todo momento e forma parte de toda esta aventura. Todos imos detrás de Traski e con el aprendemos a historia e as paisaxes destes casi 200 kilómetros. Traski sempre está aí…”
xoves, 29 de setembro de 2022
Vídeo presentación do Camiño dos Faros
A asociación "O Camiño dos Faros" publicou este vídeo no que se presenta o Camiño dos Faros.
mércores, 28 de setembro de 2022
O Camiño dos Faros no María Pita
Este curso imos facer o Camiño dos Faros no María Pita.
Todo o alumnado, desde Infantil ata 6º de Primaria, fará as 8 etapas do Camiño polo recorrido marcado polo cole.
Arrancamos en outubro e remataremos en xuño.
Adiante trasniños!!