venres, 30 de xaneiro de 2026

Imaxes da Carreira Solidaria

  Hoxe celebramos a Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade " de Save the Children.

   Antes da carreira, o alumnado de 6º de Primaria fixo lectura do Manifesto pola Paz e tocaron unha canción para celebrar o Día da Paz.

  Neste vídeo podedes ver como foi a xornada:


 


xoves, 29 de xaneiro de 2026

Mural exposición Día da Paz

   O alumnado de 6º de Primaria preparou unha exposición para o Día da Paz.

  Traballaron sobre a temática da ONG Save the Children para este curso escolar: a desnutrición.





 

luns, 26 de xaneiro de 2026

Día da Paz: Carreira Solidaria

   Este curso volvemos a participar no Proxecto Kilómetros de Solidariedade da organización Save the Children. Esta será a XXII edición da carreira escolar Kilómetros de Solidariedade.

  A data na que celebraremos a carreira no cole será o venres 30 de xaneiro, coincidindo co Día da Paz.


 

 

luns, 12 de xaneiro de 2026

Recicla-xogo: recollebolas

  O alumnado de 3º de Primaria vai elaborar o seu propio material para as sesións de Educación Física no 2º trimestre.

  Seguindo a ficha e o vídeo titorial poden elaborar o seu recollebolas.


 


 

venres, 9 de xaneiro de 2026

Recicla-xogo: pelotas de malabares

  Para o segundo trimestre o alumnado de 4º de Primaria tamén elaborarán o seu propio material.

  Neste caso terán que facer 2 pelotas de malabares.

  No seguinte titorial explícase o proceso para facelas:


 

xoves, 8 de xaneiro de 2026

Recicla-xogo: elaboramos o noso aro voador

  No segundo trimestre imos traballar con material feito polo alumnado.

  O alumnado de 5º e 6º de Primaria vai traballar con aros voadores feitos con cartón.

  Seguindo este titorial podemos crear e personalizar os nosos aros voadores: