Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Rematamos o Proxecto da Milla Diaria.
O alumnado completou as 8 etapas do Camiño de Santiago desde Pedrafita do Cebreiro.
Nas seguintes imaxes están os datos de todas aulas ao longo deste curso.
Nestes derradeiros días de curso estamos traballando os xogos populares.
O alumnado xoga a pillar, con cordas, co pano...
Rematamos a semana dos Primeiros Auxilios no cole.
Preparamos este vídeo como resumo das distintas actividades que fixemos.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou dun obradoiro de Primeiros Auxilios impartido por Federico de la Fuente, de Protección Civil de A Coruña.
Primeiro houbo unha parte teórica e despois as nenas e nenos tiveron outra parte práctica.
Moitas grazas á Federico e a Protección Civil por impartir esta actividade.
Esta semana tamén tivemos a visita das nais de Mateo e Jorge de 6º de Ed. Infantil.
Fixeron un obradoiro práctico de Primeiros Auxilios para as nenas e nenos de 6º E.I.
Moitas grazas por esta actividade tan chula!
O alumnado de 6º de Ed. Infantil cantaron e escenificaron a RCP cos seus monecos.
A letra da canción cantoulla o alumnado de 4º de Primaria.
Xa temos preparada a presentación coa canción para cantar esta semana.
Esta semana faremos nas aulas varias actividades para que o alumnado coñeza os Primeiros Auxilios e a súa importancia.
Desde Infatil ata 6º de Primaria, as nenas e nenos coñecerán as técnicas básicas sobre os Primeiros Auxilios.
A mestra Lara preparou esta canción para as sesións.
O alumnado de 3º a 6º de Primaria esta semana está traballando a orientación nas sesións de EF.
Para conmemorar as Letras Galegas, as distintas probas que teñen que localizar e realizar están relacionadas coas Letras Galegas.
Nos recreos o noso alumnado ten a posibilidade de elixir un dos moitos xogos que temos para eles.
Cada aula escolle o xogo para cada recreo.
Preparamos este vídeo para que vexades que activos son os nosos recreos.
Premede na imaxe.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria comezou o terceiro trimestre con deportes.
A primeira modalidade foi o baloncesto.
O alumnado de 2º e 3º de Primaria xogou ao brilé estes días.
O brilé é un dos xogos que realizamos dentro dos xogos con pelota que estamos a practicar.
Esta semana o alumnado de 5º de Primaria participou nunha actividade sobre o atletismo.
O Concello de A Coruña organizou unha actividade na que se presentou o atletismo e as súas modalidades e despois o alumnado practicou algunhas desas modalidades.
A charla e a práctica impartírona as técnicas e deportistas do Club Atletismo Riazor Coruña: Margot, Paula e María.
Onte, mércores 30 de marzo, celebramos a Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" de Save the Children.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron recorrendo o circuito nas pistas do cole.
Neste vídeo podedes ver como foi a xornada:
Este curso volvemos a participar no Proxecto Kilómetros de Solidariedade da organización Save the Children. Esta será a XVIII edición da carreira escolar Kilómetros de Solidariedade.
Nesta edición os fondos recaudados serán destinados para a loita pola supervivencia infantil no Corno de África.
A data na que celebraremos a carreira no cole será o mércores 30 de marzo. Este ano participará o alumnado de 4º - 5º e 6º de Educación Primaria.
Este curso o cole participa nos Proxectos de Vida Activa e Deportiva dentro das actividades do Plan Proxecta.
A modalidade que realizamos é a Milla Diaria.
Neste mes de marzo o alumnado de 4º a 6º de Primaria está intentando facer a Milla correndo.
O alumnado de 2º e 3º de Primaria están traballando os lanzamentos.
Empregan diverso material: bolos, aros, pelotas recicladas e dianas.