Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2020-2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2020-2021. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de xuño de 2021

Remata o curso!!

   Hoxe toca despedir este curso "diferente" e darvos os parabéns polo voso traballo.

   Bo verán!!

 



martes, 22 de xuño de 2021

Resumo de actividades de 3º e 4º no segundo e terceiro trimestre.

NINJA WARRIOR:


Este curso tivemos no noso cole o primeiro campionato de Ninja Warrior CEIP María Pita. 

Tratouse dun concurso de Parkour por equipos. Foi todo un éxito, e estes pequenos especialistas en Parkour sumaron os puntos suficientes para acadar o maior premio: un Scape Room ó final de curso.


XOGOS DO MUNDO:

 Quén dixo que este ano non se podía viaxar?...

 O alumnado de 3º e 4º viaxou por todo o mundo grazas os xogos de EF.


HULA-MONEY:

Con este xogo creado por Mike Graham traballamos Mate e EF. 
Trátase de intentar conseguir o maior número de cartos por parellas. Para iso, teremos que poñernos dacordo sobre cantos cartos imos "apostar" e tratar de derrubar o churro dos nosos adversarios lanzando unha pelota de tenis.

STREET RACKET:

Xogamos a un deporte de raqueta no que non necesitamos rede. Simplemente cun anaco de xiz podemos pintar o noso propio terreo de xogo,(rectangular, en forma de cruz, delimitando as zonas prohibidas...), e as posibilidades de xogo son infinitas: individualmente, por parellas, trios...





NOQBALL:
Outro deporte que prácticamos este curso, foi o Noqball. Este e un deporte alternativo, colectivo, de rol, cooperativo, colaborativo, de oposición, mixto, creado e pensado para todos e todas.
Fixemos unha pequena liga, e pasámolo xenial!

XOGOS POPULARES TRADICIONAIS:

Os deportes alternativos teñen un compoñente de motivación enorme, pero non podemos esquecer os xogos de toda a vida, para que o noso alumnado os teña presentes e os poda seguir transmitindo ás  futuras xeracións.
Os xogos de sempre adoitan empregar pouco material, ou material que podemos conseguir facilmente. O xogo do pano, a coitadela, a mariola, as chapas, a pita cega, o brilé...
ORIENTACIÓN:
Aproveitando o bo tempo de final de curso, traballamos a orientación. Aprendimos a orientar un mapa, a localizar e marcar balizas no mesmo e a anotalas en tarxetas de rexistro, e chegamos a facer algunha carreira de orientación por equipos.

SCAPE ROOM: 
E como o prometido é débeda, para rematar o curso o noso alumnado tivo que superar un complicado Scape Room coopertaivo por equipos.
Os equipos superaron diferentes retos para conseguir abrir os cadeados que daban coa clave final, que  liberaban ós Youtubers, dun perigoso hacker.
E como non podía ser doutro xeito, os nosos super alumnos e alumnas de 3º e 4º, traballaron en equipo e conseguirono!!!!
Noraboa campións e campioas!!!



PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO DURANTE ESTE CURSO TAN COMPLICADO.
UNHA APERTA!!

luns, 21 de xuño de 2021

Orientación en 5º e 6º de Primaria

   Para rematar o curso o alumnado de 5º e 6º de Primaria traballou a orientación no mes de xuño.

  As actividades consistiron na busca de probas empregando o mapa do recinto escolar.

 



mércores, 26 de maio de 2021

Coruña Olímpica: visita de "Chuny" Bermúdez de Castro

  Este pasado martes recibimos a visita do deportista olímpico coruñés Chuny Bermúdez de Castro.

  A charla está encadrada no Ciclo Coruña Olímpica que quere achegar a experiencia olímpica dos/das deportistas coruñeses/as ao alumnado dos colexios da nosa cidade.

 Na charla, conducida pola periodista Lis Franco, o deportista contoulle ao alumnado de 3º de Primaria as súas experiencias deportivas e tamén persoais nun evento da magnitude duns Xogos Olímpicos.


  Este é o vídeo - presentación da actividade Ciclo Coruña Olímpica:




 

 


luns, 10 de maio de 2021

Circuitos de habilidades en 1º de Primaria

  O alumnado de 1º de Primaria practicou as habilidades físicas básicas mediante circuitos.

  Experimentaron distintos tipos de desprazamentos, saltos, xiros, ...

 


 

xoves, 29 de abril de 2021

Fotos do Día da Educación Física na rúa

   Estas son algunhas das imaxes das sesións de Educación Física de onte. 

   Para celebrar o Día da Educación Física na rúa fixemos varias sesións nos arredores co colexio.

 




mércores, 28 de abril de 2021

Día da Educación Física na rúa

   O 28 de abril celébrase o Día da Educación Física na rúa

   Entre os obxectivos desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.

   No noso cole imos realizar varias das sesións de Educación Física de hoxe na rúa.




sábado, 27 de marzo de 2021

Parkour en 5º e 6º de Primaria

  O alumnado de 5º e 6º de Primaria rematou o 2º trimestre traballando distintos elementos de Parkour.

  Primeiro practicaron no ximnasio para despois poñelos en práctica no exterior.

 




venres, 26 de marzo de 2021

Lanzamentos en 1º de Primaria

 Para rematar o 2º trimestre o alumnado de 1º de Primaria traballou os lanzamentos.

 Practicaron cos bolos, aros, discos voadores, ...

 Como exemplo esta imaxe:



xoves, 25 de marzo de 2021

Recicla - xogo: recollebolas

  O alumnado de 2º de Primaria vai elaborar o seu propio material para as sesións de Educación Física no 3º trimestre.

   Premendo na imaxe podedes ver o vídeo con instrucións para a fabricación do recollebolas:


 



 

luns, 8 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, Día Internacional da Muller, dende o departamento de EF gustaríanos reflexionar sobre estes temas


 

venres, 5 de marzo de 2021

Fotos do Día Mundial da Obesidade

   Nas sesións de Educación Musical e de Educación Física adaptamos os contidos traballados para relacionalos coa celebración do Día Mundial da Obesidade.

  Falamos sobre horas de sono, alimentación, actividade física, emocións, ...  e fixemos bailes e xogos sobre estes contidos.



 

 

xoves, 4 de marzo de 2021

4 de marzo: Día Mundial da Obesidade

   O 4 de marzo é o Día Mundial da Obesidade. Por este motivo o noso colexio participa no movemento #PorLaSaludInfantil que promove a Gasol Foundation. Faremos as actividades propostas pola fundación para este día.

  Nas sesións de Educación Musical e de Educación Física recordaremos ao noso alumnado a importancia de manter uns hábitos saudables no día a día.

  Premendo na imaxe veredes a web da fundación: 



 


 

 

luns, 1 de febreiro de 2021

Primeiros Auxilios

  O alumnado de 3º a 6º de Primaria practicaron as técnicas básicas dos Primeiros Auxilios.

  Traballaron contidos como a conduta P-A-S (Protexer - Alertar - Socorrer), Posición Lateral de Seguridade ou a RCP.





 

luns, 25 de xaneiro de 2021

Malabares

  O alumnado de 5º e 6º de Primaria empezaron o segundo trimestre traballando os malabares.  

  Practicaron con unha, dúas e tres bolas!!



 

mércores, 20 de xaneiro de 2021

Recicla-xogo: palas de "Paladós"

  Este trimestre seguimos elaborando o noso propio material.

  Imos elaborar unhas palas con cartón para xogar ao "Paladós".

  Seguindo este titorial podemos crear e personalizar as nosas palas. Hai que poñerse xa que para despois do Entroido empezamos a usalas nas sesións de Educación Física.

  Nós xa fixemos as nosas e mirade que ben quedaron:






martes, 29 de decembro de 2020

O alumnado de 3º e 4º traballaron e divertíronse moito neste trimestre

Entre as moitas actividades que fixemos neste trimestre, traballamos con retos cooperativos adaptados a esta nova situación:


Tamén xogamos co reciclaxogo feito este trimestre: o lanzador.


...e traballamos as Capacidades Físicas Básicas a través dun divertido xogo:
"Atrapa o Pokemon" 


Moitísimas grazas pola vosa implicación e colaboración.
Gozade a tope das vacacións e collede forzas para o segundo trimestre.
Unha aperta virtual.














luns, 28 de decembro de 2020

Os xogos que máis gustaron en 2º Primaria

   O alumnado de 2º de Educación Primaria fixo uns debuxos dos xogos que máis gustaron neste 1º trimestre que remata.

  Preme na imaxe para ver o resultado.


 

 


luns, 21 de decembro de 2020

Así foi a Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade"

   O pasado mércores 16 celebramos a Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" de Save the Children.

  O alumnado de 5º e 6º de Primaria participaron recorrendo o circuito de 3 voltas nas pistas do cole.

  Neste Proxecto traballamos a defensa e promoción dos Dereitos da Infancia dentro e fóra da aula a través de 3 liñas: deportiva, pedagóxica e solidaria.

  Estas son as imaxes da xornada:

 



 

venres, 11 de decembro de 2020

Partes da sesión: volta á calma ou relaxación

  Despois de rematar a parte principal da sesión quédanos por facer a volta á calma.

  Nesta parte realizamos tareas máis suaves, falamos sobre a sesión e facemos o aseo individual.

  En moitas ocasións facemos tareas de estiramentos. Como exemplo podemos facer os seguintes: