Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Este mes temos unha proba da "X Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre".
Co fin de promover a práctica do deporte e hábitos de vida saudables animamos a nosa comunidade educativa a participar neste circuíto de carreiras.
O prazo de inscrición para a proba do 25 de xuño remata o domingo 18 de xuño.
Cando te inscribas recorda poñer que pertences ao CEIP María Pita.
Unha vez rematado o Camiño dos Faros, o alumnado xa está recibindo a súa credendial que certifica a súa participación na actividade. Cada etapa vai cuñada co selo do cole.
Rematamos o Camiño dos Faros coa finalización da 8ª etapa.
Comezamos no mes de outubro esta actividade na que o alumnado facía andainas no circuito preparado nos exteriores do cole ata ir completando as 8 etapas do Camiño. Ademais nas titorías foronse realizando actividades relacionadas co Camiño.
Para celebrar o final da actividade elaboramos o seguinte vídeo:
Hoxe luns, 5 de xuño, é o Día do Medio Ambiente e foi o día elexido para dar por rematado o Camiño dos Faros.
Despois de 8 meses nos que todo o alumnado participou nas andainas das 8 etapas damos por rematado o Camiño dos Faros.
E que mellor día para xuntarnos todo o cole e facer a derradeira andaina que o Día do Medio Ambiente.
Este é o vídeo da actividade.