Esta semana estamos traballando os Primeiros Auxilios.
Con esta canción o alumnado familiarízase coas técnicas a realizar.
Esta semana estamos traballando os Primeiros Auxilios.
Con esta canción o alumnado familiarízase coas técnicas a realizar.
Esta semana rematamos o segundo trimestre.
Estamos traballando a unidade didáctica de iniciación ao hóckey.
Comezamos con tareas de familiarización e despois xa xogamos partidos realizando variantes no xogo.
Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller.
Para celebralo, queremos compartir o traballo feito polo alumnado do cole.
Realizaron un mural sobre mulleres deportistas que alcanzaron grandes logros nas súas especialidades.
Hoxe celebramos a Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade " de Save the Children.
Antes da carreira, o alumnado de 6º de Primaria fixo lectura do Manifesto pola Paz e tocaron unha canción para celebrar o Día da Paz.
Neste vídeo podedes ver como foi a xornada:
O alumnado de 6º de Primaria preparou unha exposición para o Día da Paz.
Traballaron sobre a temática da ONG Save the Children para este curso escolar: a desnutrición.
Este curso volvemos a participar no Proxecto Kilómetros de Solidariedade da organización Save the Children. Esta será a XXII edición da carreira escolar Kilómetros de Solidariedade.
A data na que celebraremos a carreira no cole será o venres 30 de xaneiro, coincidindo co Día da Paz.