Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Esta semana recibimos a visita do Club Balonmán Brigantium.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria están coñecendo un pouco mellor o balonmán.
No tercerio trimestre traballamos varios deportes colectivos.
Estas semanas practicamos o baloncesto.
Esta semana recibimos o selo de centro solidario de Save the Children.
Tamén nos enviaron o diploma de agradecemento pola carreira solidaria que fixemos en colaboración con eles para recadar fondos para a súa organización.
Grazas a toda a comunidade educativa por facer posible este tipo de actividades.
Parabéns!!
Onte celebramos o Día da Educación Física na Rúa realizando unha sesión co alumnado de 3º de Primaria no parque de Oza.
Hoxe, 10 de abril, celébrase o Día da Educación Física na Rúa.
Entre os obxectivos
desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o
desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de
actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.
Para celebralo imos realizar varias das sesións de Educación Física de hoxe no parque de Oza.
Esta semana, despois de recibir a formación en Primeiros Auxilios, o alumnado de 3º e 4º de Primaria puxo en práctica os coñecementos adquiridos empregando o material cedido por Protección Civil de A Coruña.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro impartido por Federico de la Fuente, de Protección Civil de A Coruña.
Primeiro houbo unha parte teórica e despois as nenas e nenos tiveron outra parte práctica.
Moitas grazas a Federico e a Protección Civil por impartir esta actividade.
Estamos rematando a unidade didáctica de iniciación ao hóckey.
Comezamos con tareas de familiarización e despois xa xogamos partidos realizando variantes no xogo.
Hoxe visitounos o noso amigo Luis Ramas, gran coñecedor do mundo das buxainas, e veu acompañado do mallorquín Guillem Vizcaíno.
Guillem foi campión mundial de baile de buxainas tradicionais no ano 2020.
Gozamos dunha demostración das súas habilidades coas buxainas.
Grazas Luis e Guillem.
O alumnado de 3º e 4º de Primaria rematou as sesións dedicadas aos malabares.
Elaboraron o seu propio material para practicar varias habilidades de malabares.
Desde o Concello da Coruña infórmannos que está aberto o prazo de inscrición na XII Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse de maneira individual. A inscrición de menores é de balde.
O Circuíto comezará o vindeiro sábado 15 de marzo coa XIII Carreira Popular da Torre.
Co fin de promover a práctica do deporte e hábitos de vida saudables animamos a nosa comunidade educativa a participar neste circuíto de carreiras.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria elaborou o seu propio material para a práctica do Paladós.
Rematamos o mes de xaneiro con esta modalidade.
Hoxe celebramos a Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade " de Save the Children.
Antes da carreira, o alumnado de 6º de Primaria fixo lectura do Manifesto pola Paz e tocaron unha canción para celebrar o Día da Paz.
Neste vídeo podedes ver como foi a xornada:
Este curso volvemos a participar no Proxecto Kilómetros de Solidariedade da organización Save the Children. Esta será a XXI edición da carreira escolar Kilómetros de Solidariedade.
A data na que celebraremos a carreira no cole será o xoves 30 de xaneiro, coincidindo co Día da Paz.
Para presentar a carreira ao alumnado proxectamos nas aulas estes vídeos explicativos da ONG sobre as distintas emerxencias humanitarias nas que traballan.
Comezamos o 2º trimestre traballando os deportes de raqueta.
Nas primeiras sesións utilizamos as palas para xogar el parellas.
No segundo trimestre imos traballar con material feito polo alumnado.
Imos elaborar unhas palas con cartón para xogar ao "Paladós" nas aulas de 5º e 6º de Primaria.
Hai que poñerse a facelo en Nadal, xa que en xaneiro empezamos a usalas nas sesións de Educación Física.
Seguindo este titorial podemos crear e personalizar as nosas palas:
No segundo trimestre o alumnado de 3º e 4º de Primaria elaborará o seu propio material.
Neste titorial explícase como facer as pelotas de malabares: