martes, 29 de decembro de 2020

O alumnado de 3º e 4º traballaron e divertíronse moito neste trimestre

Entre as moitas actividades que fixemos neste trimestre, traballamos con retos cooperativos adaptados a esta nova situación:


Tamén xogamos co reciclaxogo feito este trimestre: o lanzador.


...e traballamos as Capacidades Físicas Básicas a través dun divertido xogo:
"Atrapa o Pokemon" 


Moitísimas grazas pola vosa implicación e colaboración.
Gozade a tope das vacacións e collede forzas para o segundo trimestre.
Unha aperta virtual.














luns, 28 de decembro de 2020

Os xogos que máis gustaron en 2º Primaria

   O alumnado de 2º de Educación Primaria fixo uns debuxos dos xogos que máis gustaron neste 1º trimestre que remata.

  Preme na imaxe para ver o resultado.


 

 


luns, 21 de decembro de 2020

Así foi a Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade"

   O pasado mércores 16 celebramos a Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" de Save the Children.

  O alumnado de 5º e 6º de Primaria participaron recorrendo o circuito de 3 voltas nas pistas do cole.

  Neste Proxecto traballamos a defensa e promoción dos Dereitos da Infancia dentro e fóra da aula a través de 3 liñas: deportiva, pedagóxica e solidaria.

  Estas son as imaxes da xornada:

 



 

venres, 11 de decembro de 2020

Partes da sesión: volta á calma ou relaxación

  Despois de rematar a parte principal da sesión quédanos por facer a volta á calma.

  Nesta parte realizamos tareas máis suaves, falamos sobre a sesión e facemos o aseo individual.

  En moitas ocasións facemos tareas de estiramentos. Como exemplo podemos facer os seguintes:




mércores, 9 de decembro de 2020

Partes da sesión: quecemento ou activación

  Comezamos a sesión coa fase de información e despois xa imos co quecemento.

  No quecemento ou activación realizamos uns exercicios de movilidade articular e unha pequena carreira antes de pasar aos xogos e á parte principal da sesión.

  Como exemplo de tareas de movilidade articular podemos facer as seguintes:


 

 


 

 

venres, 4 de decembro de 2020

Partes da sesión de Educación Física

   Imos facer unhas entradas no blog para ver as partes dunha sesión de Educación Física.

  Na sesión temos as seguintes partes:

   - Fase de información: na que falamos do que imos facer nesa sesión.

   - Fase de quecemento ou activación: na que realizamos uns exercicios ou xogos para desentumecer os músculos antes de realizar outra tarea máis forte.

   - Parte principal: na que traballamos os contidos mediante xogos.

   - Volta á calma ou relaxación: na que realizamos tareas máis suaves, falamos sobre a sesión e facemos o aseo individual.


 

 




martes, 1 de decembro de 2020

Carreira Solidaria "Save the Children"

 

  Este curso o CEIP María Pita vai participar no Proxecto Kilómetros de Solidariedade da organización Save the Children. Esta será a XVII edición da carreira escolar Kilómetros de Solidariedade.

  Nesta edición os fondos recaudados serán destinados para a loita por evitar e curar a neumonía infantil na Repúbica Democrática do Congo.

  A data na que celebraremos a carreira no cole será o mércores 16 de decembro. Este ano participará o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.