mércores, 21 de decembro de 2022

Saltos

   Nas sesións destas semanas estamos traballando os saltos. 

   O alumnado practica saltos individuais (con cordas pequenas) e saltos grupais (coas cordas grandes).


 

xoves, 15 de decembro de 2022

Visita de Iago Dosil

   Hoxe tivemos unha visita moi especial. O corcubionés Iago Dosil veu contarnos a súa aventura no Camiño dos Faros. Iago fixo as 8 etapas do Camiño (200 km) sen parar, en 41 horas e 30 minutos.

  O alumnado quedou impresionada coa charla que nos ofreceu Iago.



martes, 13 de decembro de 2022

Recicla-xogo: recollebolas

   O alumnado de 2º e 3º de Primaria tamén vai elaborar o seu propio material para as sesións de Educación Física no 2º trimestre.

  Esta é a ficha do recollebolas:

  

 Tamén deixamos un titorial coas instrucións para a súa fabricación:



 

luns, 12 de decembro de 2022

Recicla-xogo: palas de "Paladós"

No segundo trimestre imos traballar con material feito polo alumnado.

Imos elaborar unhas palas con cartón para xogar ao "Paladós" nas aulas de 5º e 6º de Primaria.

Hai que poñerse a facelo en Nadal, xa que en xaneiro empezamos a usalas nas sesións de Educación Física.

 Seguindo este titorial podemos crear e personalizar as nosas palas:



mércores, 7 de decembro de 2022

Búsqueda das normas do Camiño dos Faros

   Traballamos as normas do Camiño dos Faros realizando unha búsqueda polo circuito do Camiño.

   O alumnado tiña que buscar as pistas e presentarllas aos seus compañeiros/as.



luns, 5 de decembro de 2022

Normas para facer o Camiño dos Faros

   O alumnado de 4º de Primaria preparou unhas normas a ter en conta para facer o Camiño dos Faros.

  Xa están expostas no mural do Proxecto:




xoves, 1 de decembro de 2022

Camiño dos Faros: vídeo da 3ª etapa

   No mes de decembro imos coa 3ª etapa do Camiño dos Faros.

  De Ponteceso ata Laxe cunha distancia de 28 km.

  Este é o vídeo da etapa: