Amosando publicacións coa etiqueta Xogolandia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogolandia. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2026

Día da Educación Física na Rúa 2026

  

  Hoxe, 16 de abril, celébrase o Día da Educación Física na Rúa.

   Entre os obxectivos desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.

   Para celebralo, o alumnado de 3º de Primaria realizou unha sesión de Educación Física no parque de Oza.




 

 

 


luns, 16 de marzo de 2026

Xogolandia: as portas das aulas

   Temos as portas das aulas do cole decoradas coa temático de Xogolandia.

    Que xogo preferides? 
















 


luns, 12 de xaneiro de 2026

Recicla-xogo: recollebolas

  O alumnado de 3º de Primaria vai elaborar o seu propio material para as sesións de Educación Física no 2º trimestre.

  Seguindo a ficha e o vídeo titorial poden elaborar o seu recollebolas.


 


 

venres, 9 de xaneiro de 2026

Recicla-xogo: pelotas de malabares

  Para o segundo trimestre o alumnado de 4º de Primaria tamén elaborarán o seu propio material.

  Neste caso terán que facer 2 pelotas de malabares.

  No seguinte titorial explícase o proceso para facelas:


 

xoves, 8 de xaneiro de 2026

Recicla-xogo: elaboramos o noso aro voador

  No segundo trimestre imos traballar con material feito polo alumnado.

  O alumnado de 5º e 6º de Primaria vai traballar con aros voadores feitos con cartón.

  Seguindo este titorial podemos crear e personalizar os nosos aros voadores:


 

 

 

xoves, 18 de decembro de 2025

Exposición de xogos de 6ºC de Primaria

   O alumnado de 6ºC de Primaria preparou unha exposición cos xogos que elaborou este primeiro trimestre.

 





 

mércores, 12 de novembro de 2025

Obradoiro de peóns con Luis Ramas

  Seguimos coa celebración do Día do Peón e hoxe recibimos a visita de Luis Ramas, Mestre de Educación Física que sabe moito de buxainas.

   Gracias Luis por ensinarnos tanto sobre as buxainas.







 

martes, 11 de novembro de 2025

Día do Peón 2025

  O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón. 

  Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega.

  No colexio preparamos unha exposición de buxainas decoradas polo alumnado. 

  E o mércores 12 teremos un obradoiro de peóns impartido por Luis Ramas. 








 

venres, 7 de novembro de 2025

Exposición de buxainas decoradas

   O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón. 

   Para celebrar o Día do Peón, imos preparar no cole unha exposición de buxainas decoradas polo alumnado.


 

luns, 27 de outubro de 2025

Proxecto de centro: Xogolandia, o lugar dos xogos

   Xa temos PDI deste curso!

   Imos chamerlle: "Xogolandia, o lugar dos xogos".

   Este curso imos gozar dos xogos no seu espectro máis amplo: populares, de mesa, tradicionais,....

   Unha cousa témola clara, seguro que o pasamos moi ben!!

 


 

martes, 30 de setembro de 2025

Visita do Viaxes Amarelle FSF

   Hoxe visitounos o Viaxes Amarelle FSF, club de fútbol sala feminino da nosa cidade.

  Presentáronnos a actividade "Coñece o meu club", iniciativa promocionada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

  O alumnado de 3º e 4º de Primaria participou nunha xornada lúdico-formativa na que as xogadoras do Club explicaron esta modalidade e realizaron tareas específicas do fútbol sala.

  Grazas pola visita! 







 

venres, 19 de setembro de 2025

Club Esgrima Coruña

   Esta semana recibimos a visita do Club Esgrima Coruña.

   O seu técnico, Amauris Temó, practicou a modalidade co alumnado de 3º a 6º de Primaria.

   Grazas pola visita! 




 

luns, 15 de setembro de 2025

Recreos Activos

   Este curso continuamos coa dinamización dos nosos Recreos Activos.

   O alumnado dispón de material diverso para os recreos, entre eles o noso carro de Recreos Activos.