Comezamos investigando sobre a orixe dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos.
Mirade o seguinte vídeo:
Comezamos investigando sobre a orixe dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos.
Mirade o seguinte vídeo:
Nas primeiras sesións de Educación Física estamos recordando a importancia do quencemento e da volta á calma nas nosas sesións.
Comezamos as sesións con movilidade articular e estiramentos. Despois dos xogos facemos a volta á calma medindo a nosa frecuencia cardíaca.
Comezamos o curso 2023-2024 co noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva.
Este curso imos traballar os Xogos Olímpicos e Paralímpicos, xa que no 2024 celebraranse en París.
Estade atentas e atentos ás novidades que estamos preparando...
Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Este mes temos unha proba da "X Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre".
Co fin de promover a práctica do deporte e hábitos de vida saudables animamos a nosa comunidade educativa a participar neste circuíto de carreiras.
O prazo de inscrición para a proba do 25 de xuño remata o domingo 18 de xuño.
Cando te inscribas recorda poñer que pertences ao CEIP María Pita.
Unha vez rematado o Camiño dos Faros, o alumnado xa está recibindo a súa credendial que certifica a súa participación na actividade. Cada etapa vai cuñada co selo do cole.
Rematamos o Camiño dos Faros coa finalización da 8ª etapa.
Comezamos no mes de outubro esta actividade na que o alumnado facía andainas no circuito preparado nos exteriores do cole ata ir completando as 8 etapas do Camiño. Ademais nas titorías foronse realizando actividades relacionadas co Camiño.
Para celebrar o final da actividade elaboramos o seguinte vídeo:
Hoxe luns, 5 de xuño, é o Día do Medio Ambiente e foi o día elexido para dar por rematado o Camiño dos Faros.
Despois de 8 meses nos que todo o alumnado participou nas andainas das 8 etapas damos por rematado o Camiño dos Faros.
E que mellor día para xuntarnos todo o cole e facer a derradeira andaina que o Día do Medio Ambiente.
Este é o vídeo da actividade.
O alumnado de 3º de Primaria xa ten o seu Prato Alimentes do Menú Saudable, do Programa Alimentes de Gadis.
Xunto co prato tamén levan a guía para comer saudable nas principais comidas do día.
O alumnado de 1º a 3º de Primaria está coñecendo o brilé.
Estas semanas estamos vendo os xogos con pelota.
Esta semana o alumnado de 4º a 6º de Primaria tivo unha visita especial nas sesións de EF.
O noso auxiliar de conversa (Jose) presentoulles os deportes australianos que máis se practican.
O alumnado coñeceu modalidades novas como o netball.
No mes de maio imos coa 8ª e última etapa do Camiño dos Faros.
De Nemiña ata Fisterra cunha distancia de 27 km.
Este é o vídeo da etapa:
No terceiro trimestre o alumnado de 5º e 6º de Primaria vai iniciarse nos distintos deportes.
A primeira modalidade foi o fútbol sala.
Onte celebramos o Día da EF na Rúa realizando as sesións de EF de 3º de Primaria no parque de Oza.
Estas son as imaxes da actividade:
Hoxe, 26 de abril, celébrase o Día da Educación Física na Rúa.
Entre os obxectivos
desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o
desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de
actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.
Para celebralo imos realizar varias das sesións de Educación Física de hoxe no parque de Oza.
Xa está en marcha a "X Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre".
Co fin de promover a práctica do deporte e hábitos de vida saudables animamos a nosa comunidade educativa a participar neste circuíto de carreiras.
O prazo de inscrición para a proba do 7 de maio remata o domingo 30 de abril.
Cando te inscribas recorda poñer que pertences ao CEIP María Pita.
No mes de abril imos coa 7ª etapa do Camiño dos Faros.
De Muxía ata Nemiña cunha distancia de 25 km.
Este é o vídeo da etapa:
O alumnado de 2º e 3º de Primaria remata o trimestre practicando distintas formas de desprazamentos a través de circuitos con diverso material.
A mestra Lara preparou este vídeo resumo das actividades feitas na semana dos Primeiros Auxilios.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou dun obradoiro de Primeiros Auxilios impartido por Federico de la Fuente, de Protección Civil de A Coruña.
Primeiro houbo unha parte teórica e despois as nenas e nenos tiveron outra parte práctica.
Moitas grazas a Federico e a Protección Civil por impartir esta actividade.
Este luns o alumnado de 2º de Primaria participou nun obradorio sobre Primeiros Auxilios que impartiron dúas nais do noso cole que son enfermeiras.
Moitas grazas pola vosa visita!
Xa temos preparada a presentación coa canción para cantar esta semana.
Esta semana faremos nas aulas varias actividades para que o alumnado coñeza os Primeiros Auxilios e a súa importancia.
Desde Infantil ata 6º de Primaria, as nenas e nenos coñecerán as técnicas básicas sobre os Primeiros Auxilios.
Esta semana recibimos a visita do Club Balonmán Brigantium.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria están coñecendo un pouco mellor o balonmán.
No mes de marzo imos coa 6ª etapa do Camiño dos Faros.
De Camariñas ata Muxía cunha distancia de 32 km.
Este é o vídeo da etapa:
Esta semana o alumnado de 3º a 6º de Primaria está coñecendo a esgrima gracias ao club 100tolos.
Aprenden a técnica da modalidade e tamén practican os combates de esgrima.
Estamos rematando a unidade didáctica de iniciación ao hóckey.
Comezamos con tareas de familiarización e despois xa xogamos partidos realizando variantes no xogo.
Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva que realizamos no cole, onte o alumnado de 6º de Primaria participou nunha charla sobre a danza.
Con esta charla o alumnado tivo unha oportunidade extraordinaria para achegarse ao mundo da danza.
Iván Villar (Premio Max 2021 ao mellor intérprete de danza masculino), xunto a dúas compañeiras e un compañeiro da compañía Nova Galega de Danza impartiron unha charla sobre a danza e a historia da compañía.
A compañía Nova Galega de Danza fusiona danza e música de raíz Galega, tradición e vangarda con vocación universal.
O alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou o supermercado Gadis grazas ao seu programa educativo Alimentes.
Deste xeito tivemos a oportunidade de aprender máis a fondo sobre a alimentación saudable, o consumo responsable e o desperdicio alimentario.
No mes de febreiro imos coa 5ª etapa do Camiño dos Faros.
De Arou ata Camariñas cunha distancia de 25 km.
Este é o vídeo da etapa:
O alumnado de 5º e 6º de Primaria elaborou o seu propio material para a práctica do Paladós.
Rematamos o mes de xaneiro con esta modalidade.
O alumnado de 3ºB de Primaria realizou un mural sobre o Camiño dos Faros.
No mural localizaron cada un dos faros cunha foto.
Este curso volvemos a participar no Proxecto Kilómetros
de Solidariedade da organización Save the Children. Esta edición facémola coincidir coa celebración do Día da Paz.
Nesta edición os
fondos recaudados serán destinados ao fondo de emerxencias de Save the Children para apoiar ás nenas e nenos vítimas de conflictos.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participaron recorrendo o circuito nas pistas do cole.
Neste vídeo podedes ver como foi a xornada:
Hoxe visitounos a Asociación Capoeira Coruña para impartir un obradoiro ao alumnado de 1º e 2º de Primaria.
A actividade forma parte do Proxecto de Vida Activa e Deportiva que realizamos no cole.
Esta semana o alumnado de 3º e 4º de Primaria participou nun obradoiro de consumo impartido pola OMIC Coruña, onde traballaron na construcción de xoguetes.
A actividade forma parte do Proxecto de Vida Activa e Deportiva que realizamos no cole.
No mes de xaneiro imos coa 4ª etapa do Camiño dos Faros.
De Laxe ata Arou cunha distancia de 18 km.
Este é o vídeo da etapa: