Estamos rematando a unidade didáctica de iniciación ao hóckey.
Comezamos con tareas de familiarización e despois xa xogamos partidos realizando variantes no xogo.
Estamos rematando a unidade didáctica de iniciación ao hóckey.
Comezamos con tareas de familiarización e despois xa xogamos partidos realizando variantes no xogo.
Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva que realizamos no cole, onte o alumnado de 6º de Primaria participou nunha charla sobre a danza.
Con esta charla o alumnado tivo unha oportunidade extraordinaria para achegarse ao mundo da danza.
Iván Villar (Premio Max 2021 ao mellor intérprete de danza masculino), xunto a dúas compañeiras e un compañeiro da compañía Nova Galega de Danza impartiron unha charla sobre a danza e a historia da compañía.
A compañía Nova Galega de Danza fusiona danza e música de raíz Galega, tradición e vangarda con vocación universal.
O alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou o supermercado Gadis grazas ao seu programa educativo Alimentes.
Deste xeito tivemos a oportunidade de aprender máis a fondo sobre a alimentación saudable, o consumo responsable e o desperdicio alimentario.
No mes de febreiro imos coa 5ª etapa do Camiño dos Faros.
De Arou ata Camariñas cunha distancia de 25 km.
Este é o vídeo da etapa:
O alumnado de 5º e 6º de Primaria elaborou o seu propio material para a práctica do Paladós.
Rematamos o mes de xaneiro con esta modalidade.
O alumnado de 3ºB de Primaria realizou un mural sobre o Camiño dos Faros.
No mural localizaron cada un dos faros cunha foto.