Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Rematamos a Ruta do Facho Olímpico coa finalización da 8ª etapa.
Comezamos no mes de outubro esta actividade na que o alumnado fixo andainas no circuito preparado nos exteriores do colexio ata ir completando as 8 etapas da Ruta do Facho polos cinco continentes.
No mural do Proxecto cada aula foi anotando a distancia que percorreu en cada etapa e rematou sumando todas as etapas.
Estamos rematando o curso e tamén o Proxecto das Olimpíadas.
Neste mes de xuño o alumnado recibe a súa medalla de ouro por completar as 8 etapas da Ruta do Facho Olímpico. Conseguimos levar o Facho Olímpico por todos os continentes e coñecemos a artistas de cada un dos continentes relacionando a actividade co Proxecto de "Mulleres que abren camiño".
Xa temos o mural das etapas da Ruta do Facho Olímpico completo.
Cada mes fomos colocando a etapa que tocaba ata completar as 8 etapas.
O alumnado de 3º de Primaria visitou hoxe o supermercado Gadis grazas ao seu programa educativo Alimentes.
O alumnado tivo a oportunidade de aprender máis a fondo sobre a alimentación saudable, o consumo responsable e o desperdicio alimentario.
Estas semanas, despois de recibir a formación en Primeiros Auxilios, o alumnado de Primaria puxo en práctica os coñecementos adquiridos empregando o material cedido polo CEFORE de A Coruña.
No mes maio imos coa 8ª e última etapa da Ruta do Facho Olímpico.
A etapa a percorrer vai de Sídney (Australia) ata A Coruña (Galicia).
O alumnado de 6º de Ed. Infantil puxo en práctica os coñecementos adquiridos na Semana dos Primeiros Auxilios empregando o material que nos cede o CFR de A Coruña.
Rematamos as actividades co alumnado de Infantil practicando a RCP coa axuda da canción.
O alumnado de 4º de Primaria cantoulle a canción para axudalos.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro impartido por Federico de la Fuente, de Protección Civil de A Coruña.
Primeiro houbo unha parte teórica e despois as nenas e nenos tiveron outra parte práctica.
Moitas grazas a Federico e a Protección Civil por impartir esta actividade.
Onte o alumnado de 5º e 6º de Infantil participou nun obradoiro de Primeiros Auxilios que impartiron varias nais do noso cole que son enfermeiras.
Moitas grazas pola vosa visita!
Hoxe, 17 de abril, celébrase o Día da Educación Física na Rúa.
Entre os obxectivos
desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o
desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de
actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.
Para celebralo imos realizar varias das sesións de Educación Física de hoxe no parque de Oza.