martes, 31 de maio de 2022

luns, 30 de maio de 2022

Primeiros Auxilios: resumo das actividades

  Rematamos a semana dos Primeiros Auxilios no cole.

  Preparamos este vídeo como resumo das distintas actividades que fixemos.


 

 

venres, 27 de maio de 2022

Primeiros Auxilios: obradoiro de Protección Civil

 O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou dun obradoiro de Primeiros Auxilios impartido por Federico de la Fuente, de Protección Civil de A Coruña

 Primeiro houbo unha parte teórica e despois as nenas e nenos tiveron outra parte práctica.

 Moitas grazas á Federico e a Protección Civil por impartir esta actividade.



xoves, 26 de maio de 2022

Primeiros Auxilios: obradoiro en 6º E.I.

  Esta semana tamén tivemos a visita das nais de Mateo e Jorge de 6º de Ed. Infantil.

  Fixeron un obradoiro práctico de Primeiros Auxilios para as nenas e nenos de 6º E.I.

  Moitas grazas por esta actividade tan chula!



mércores, 25 de maio de 2022

Primeiros Auxilios: canción de Infantil

  O alumnado de 6º de Ed. Infantil cantaron e escenificaron a RCP cos seus monecos.

  A letra da canción cantoulla o alumnado de 4º de Primaria.



luns, 23 de maio de 2022

Semana dos Primeiros Auxilios

  Esta semana faremos nas aulas varias actividades para que o alumnado coñeza os Primeiros Auxilios e a súa importancia.

  Desde Infatil ata 6º de Primaria, as nenas e nenos coñecerán as técnicas básicas sobre os Primeiros Auxilios.

A mestra Lara preparou esta canción para as sesións.




luns, 9 de maio de 2022

Orientación: Letras Galegas

   O alumnado de 3º a 6º de Primaria esta semana está traballando a orientación nas sesións de EF.

  Para conmemorar as Letras Galegas, as distintas probas que teñen que localizar e realizar están relacionadas coas Letras Galegas.



 


luns, 2 de maio de 2022

Recreos Activos

   Nos recreos o noso alumnado ten a posibilidade de elixir un dos moitos xogos que temos para eles.

  Cada aula escolle o xogo para cada recreo.

  Preparamos este vídeo para que vexades que activos son os nosos recreos.

  Premede na imaxe.