mércores, 21 de decembro de 2022

Saltos

   Nas sesións destas semanas estamos traballando os saltos. 

   O alumnado practica saltos individuais (con cordas pequenas) e saltos grupais (coas cordas grandes).


 

xoves, 15 de decembro de 2022

Visita de Iago Dosil

   Hoxe tivemos unha visita moi especial. O corcubionés Iago Dosil veu contarnos a súa aventura no Camiño dos Faros. Iago fixo as 8 etapas do Camiño (200 km) sen parar, en 41 horas e 30 minutos.

  O alumnado quedou impresionada coa charla que nos ofreceu Iago.



martes, 13 de decembro de 2022

Recicla-xogo: recollebolas

   O alumnado de 2º e 3º de Primaria tamén vai elaborar o seu propio material para as sesións de Educación Física no 2º trimestre.

  Esta é a ficha do recollebolas:

  

 Tamén deixamos un titorial coas instrucións para a súa fabricación:



 

luns, 12 de decembro de 2022

Recicla-xogo: palas de "Paladós"

No segundo trimestre imos traballar con material feito polo alumnado.

Imos elaborar unhas palas con cartón para xogar ao "Paladós" nas aulas de 5º e 6º de Primaria.

Hai que poñerse a facelo en Nadal, xa que en xaneiro empezamos a usalas nas sesións de Educación Física.

 Seguindo este titorial podemos crear e personalizar as nosas palas:



mércores, 7 de decembro de 2022

Búsqueda das normas do Camiño dos Faros

   Traballamos as normas do Camiño dos Faros realizando unha búsqueda polo circuito do Camiño.

   O alumnado tiña que buscar as pistas e presentarllas aos seus compañeiros/as.



luns, 5 de decembro de 2022

Normas para facer o Camiño dos Faros

   O alumnado de 4º de Primaria preparou unhas normas a ter en conta para facer o Camiño dos Faros.

  Xa están expostas no mural do Proxecto:




xoves, 1 de decembro de 2022

Camiño dos Faros: vídeo da 3ª etapa

   No mes de decembro imos coa 3ª etapa do Camiño dos Faros.

  De Ponteceso ata Laxe cunha distancia de 28 km.

  Este é o vídeo da etapa:

 


 

mércores, 23 de novembro de 2022

mércores, 16 de novembro de 2022

Equilibrio

   Estas semanas o alumnado de 2º e 3º de Primaria están traballando distintos tipos de equilibrios: co propio corpo, con material, en estático ou en dinámico, ...



sábado, 12 de novembro de 2022

Exhibición de baile de peóns

   Onte tivemos a visita de Omar Pule, campión internacional na especialidade de baile de peóns, facendo unha exhibición para o alumnado do cole. 

  Despois o alumnado intentou bailar os seus peóns nas pistas.

  Deste xeito celebramos o Día do Peón.

  Estas son as imaxes da xornada:


 

venres, 11 de novembro de 2022

Día do Peón

   Hoxe 11 de novembro celébrase o Día do Peón.

  Imos ter a visita dun campión internacional da modalidade que nos fará unha exhibición.

  Nas sesións de Educación Física intentaremos bailar os peóns e gozar da xornada.



luns, 7 de novembro de 2022

Camiño dos Faros: vídeo da 2ª etapa

   No mes de novembro imos facer a 2ª etapa do Camiño dos Faros.

  De Niñóns ata Ponteceso, cun percorrido de 27 km.

  Neste vídeo podemos ver a etapa ao completo.



mércores, 26 de outubro de 2022

Aros

   Estas semanas estamos traballando con aros.

  Afianzamos contidos como a lateralidade e a coordinación.



xoves, 20 de outubro de 2022

Traski en 3ºC

   Traski ademais de guiar no Camiño dos Faros ao noso alumnado, tamén o acompaña dentro das aulas.

   En 3ºC crearon o seu marcapáxinas da biblio con Traski.




martes, 18 de outubro de 2022

Camiño dos Faros: 1ª etapa

   No mes de outubro estamos facendo a 1ª etapa entre Malpica de Bergantiños e a 

 praia de Niñóns (21,9 km).

  Todo o alumnado participa na actividade do Proxecto de Vida Activa e Deportiva.

 



xoves, 13 de outubro de 2022

Camiño dos Faros: vídeo da 1ª etapa

  Todo o alumnado do cole iniciou a 1ª etapa do Camiño dos Faros

  A etapa comeza en Malpica de Bergantiños e chega a Niñóns.

  Para que o alumnado coñeza o percorrido temos este vídeo para explicarlles a etapa.



venres, 30 de setembro de 2022

Quen é Traski?

“Traski é ese pequeno ser , ese trasno que está aí aínda que non o vexas, que te está acompañando en todo momento e forma parte de toda esta aventura. Todos imos detrás de Traski e con el aprendemos a historia e as paisaxes destes casi 200 kilómetros. Traski sempre está aí…”


 

mércores, 28 de setembro de 2022

O Camiño dos Faros no María Pita

   Este curso imos facer o Camiño dos Faros no María Pita.

  Todo o alumnado, desde Infantil ata 6º de Primaria, fará as 8 etapas do Camiño polo recorrido marcado polo cole.

  Arrancamos en outubro e remataremos en xuño.

  Adiante trasniños!!


 

venres, 23 de setembro de 2022

Temos pegadas e sinais polo cole...

   Esta semana apareceron polos patios do cole unhas pegadas e sinais verdes...

   Un novo camiño vai comezar.

   Preparadas e preparados?



martes, 20 de setembro de 2022

Comezamos o curso 2022 - 2023

   Benvidas e benvidos ao novo curso!!

   Nestas primeiras sesións de setembro estamos recordando a importancia do quencemento nas sesións de Educación Física.

  Iniciamos as sesións con movilidade articular, estiramento e xogos de pilla.



mércores, 22 de xuño de 2022

Remata o curso!

   Hoxe remata o curso para o noso alumnado.

  Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.

  Bo verán rapazada!!



martes, 21 de xuño de 2022

Rematamos o Camiño

   Rematamos o Proxecto da Milla Diaria.

  O alumnado completou as 8 etapas do Camiño de Santiago desde Pedrafita do Cebreiro.

  Nas seguintes imaxes están os datos de todas aulas ao longo deste curso.






luns, 20 de xuño de 2022

Xogos Populares

  Nestes derradeiros días de curso estamos traballando os xogos populares.

  O alumnado xoga a pillar, con cordas, co pano...



martes, 31 de maio de 2022

luns, 30 de maio de 2022

Primeiros Auxilios: resumo das actividades

  Rematamos a semana dos Primeiros Auxilios no cole.

  Preparamos este vídeo como resumo das distintas actividades que fixemos.


 

 

venres, 27 de maio de 2022

Primeiros Auxilios: obradoiro de Protección Civil

 O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou dun obradoiro de Primeiros Auxilios impartido por Federico de la Fuente, de Protección Civil de A Coruña

 Primeiro houbo unha parte teórica e despois as nenas e nenos tiveron outra parte práctica.

 Moitas grazas á Federico e a Protección Civil por impartir esta actividade.



xoves, 26 de maio de 2022

Primeiros Auxilios: obradoiro en 6º E.I.

  Esta semana tamén tivemos a visita das nais de Mateo e Jorge de 6º de Ed. Infantil.

  Fixeron un obradoiro práctico de Primeiros Auxilios para as nenas e nenos de 6º E.I.

  Moitas grazas por esta actividade tan chula!



mércores, 25 de maio de 2022

Primeiros Auxilios: canción de Infantil

  O alumnado de 6º de Ed. Infantil cantaron e escenificaron a RCP cos seus monecos.

  A letra da canción cantoulla o alumnado de 4º de Primaria.



luns, 23 de maio de 2022

Semana dos Primeiros Auxilios

  Esta semana faremos nas aulas varias actividades para que o alumnado coñeza os Primeiros Auxilios e a súa importancia.

  Desde Infatil ata 6º de Primaria, as nenas e nenos coñecerán as técnicas básicas sobre os Primeiros Auxilios.

A mestra Lara preparou esta canción para as sesións.




luns, 9 de maio de 2022

Orientación: Letras Galegas

   O alumnado de 3º a 6º de Primaria esta semana está traballando a orientación nas sesións de EF.

  Para conmemorar as Letras Galegas, as distintas probas que teñen que localizar e realizar están relacionadas coas Letras Galegas.



 


luns, 2 de maio de 2022

Recreos Activos

   Nos recreos o noso alumnado ten a posibilidade de elixir un dos moitos xogos que temos para eles.

  Cada aula escolle o xogo para cada recreo.

  Preparamos este vídeo para que vexades que activos son os nosos recreos.

  Premede na imaxe.



xoves, 28 de abril de 2022

Baloncesto

  O alumnado de 5º e 6º de Primaria comezou o terceiro trimestre con deportes.

  A primeira modalidade foi o baloncesto.



venres, 22 de abril de 2022

Brilé

   O alumnado de 2º e 3º de Primaria xogou ao brilé estes días.

  O brilé é un dos xogos que realizamos dentro dos xogos con pelota que estamos a practicar.



xoves, 21 de abril de 2022

Atletismo

   Esta semana o alumnado de 5º de Primaria participou nunha actividade sobre o atletismo.

  O Concello de A Coruña organizou unha actividade na que se presentou o atletismo e as súas modalidades e despois o alumnado practicou algunhas desas modalidades.

  A charla e a práctica impartírona as técnicas e deportistas do Club Atletismo Riazor Coruña: Margot, Paula e María.



 

mércores, 6 de abril de 2022

Primeiros Auxilios e Saúde en 4º de Primaria

   Neste pasado mes o alumnado de 4º de Primaria traballou Primeiros Auxilios e Socorrismo.

  Tamén se traballaron Hábitos de Vida Saudables, coñecendo mellor o seu corpo e aprendendo a coidalo e alimentalo para gozar de boa saúde.

 

Formación do 112

RCP

 

xoves, 31 de marzo de 2022

As imaxes da Carreira Solidaria

   Onte, mércores 30 de marzo, celebramos a Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" de Save the Children.    

  O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron recorrendo o circuito nas pistas do cole.

  Neste vídeo  podedes ver como foi a xornada:



 

 

 

luns, 21 de marzo de 2022

Carreira Solidaria "Save the Children"

Este curso volvemos a participar no Proxecto Kilómetros de Solidariedade da organización Save the Children. Esta será a XVIII edición da carreira escolar Kilómetros de Solidariedade.

  Nesta edición os fondos recaudados serán destinados para a loita pola supervivencia infantil no Corno de África.

  A data na que celebraremos a carreira no cole será o mércores 30 de marzo. Este ano participará o alumnado de 4º - 5º e 6º de Educación Primaria.


   No seguinte vídeo presentamos a Carreira Solidaria:



xoves, 17 de marzo de 2022

Floorball (iniciación ao hóckey)

   O alumnado de 5º e 6º de Primaria está realizando a unidade didáctica de iniciación ao hóckey, a través do floorball.

  Comezamos con tareas de familiarización e despois xa xogamos partidos realizando variantes no xogo.



 

martes, 15 de marzo de 2022

Proxecto de Vida Activa e Deportiva: a milla diaria

   Este curso o cole participa nos Proxectos de Vida Activa e Deportiva dentro das actividades do Plan Proxecta.

  A modalidade que realizamos é a Milla Diaria.

 Neste mes de marzo o alumnado de 4º a 6º de Primaria está intentando facer a Milla correndo.

 


venres, 11 de marzo de 2022

Lanzamentos

   O alumnado de 2º e 3º de Primaria están traballando os lanzamentos.

  Empregan diverso material: bolos, aros, pelotas recicladas e dianas.



martes, 8 de marzo de 2022

8 de marzo: Día da Muller

   Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller. Para celebralo, queremos compartir o traballo dunha compañeira (@burbullasdePT) sobre as mulleres galegas e deportistas.

  Premede na imaxe.



luns, 7 de marzo de 2022

Xogos de 1º e 4º de Primaria

   O alumnado de 1º e 4º de Primaria traballaron diferentes xogos, aprendendo a convivir e a gañar e a perder.



martes, 22 de febreiro de 2022

Ringo

  Despois de practicar cos aros voadores, o alumnado de 5º e 6º de Primaria xogaron ao Ringo.

 




luns, 21 de febreiro de 2022

venres, 28 de xaneiro de 2022

Malabares

   O alumnado de 2º e 3º de Primaria xa están practicando malabares coas pelotas que fixeron nas vacacións de Nadal.




mércores, 26 de xaneiro de 2022

Aros voadores

  O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixeron nas vacacións de Nadal os seus propios aros voadores.

  Comezamos o 2º trimestre traballando os lanzamentos, recepcións, precisión, ...

 


 


luns, 17 de xaneiro de 2022

Resumo das actividades de 1º e 4º de Primaria no 1º trimestre

   O  alumnado de 1º e 4º de Primaria traballou a Expresión Corporal, Equilibrios e Axilidade.

   A través de circuitos experimentaron os contidos do 1º trimestre.

   Comezamos o 2º trimestre aprendendo xogos!!