mércores, 30 de xuño de 2021

Remata o curso!!

   Hoxe toca despedir este curso "diferente" e darvos os parabéns polo voso traballo.

   Bo verán!!

 



martes, 22 de xuño de 2021

Resumo de actividades de 3º e 4º no segundo e terceiro trimestre.

NINJA WARRIOR:


Este curso tivemos no noso cole o primeiro campionato de Ninja Warrior CEIP María Pita. 

Tratouse dun concurso de Parkour por equipos. Foi todo un éxito, e estes pequenos especialistas en Parkour sumaron os puntos suficientes para acadar o maior premio: un Scape Room ó final de curso.


XOGOS DO MUNDO:

 Quén dixo que este ano non se podía viaxar?...

 O alumnado de 3º e 4º viaxou por todo o mundo grazas os xogos de EF.


HULA-MONEY:

Con este xogo creado por Mike Graham traballamos Mate e EF. 
Trátase de intentar conseguir o maior número de cartos por parellas. Para iso, teremos que poñernos dacordo sobre cantos cartos imos "apostar" e tratar de derrubar o churro dos nosos adversarios lanzando unha pelota de tenis.

STREET RACKET:

Xogamos a un deporte de raqueta no que non necesitamos rede. Simplemente cun anaco de xiz podemos pintar o noso propio terreo de xogo,(rectangular, en forma de cruz, delimitando as zonas prohibidas...), e as posibilidades de xogo son infinitas: individualmente, por parellas, trios...





NOQBALL:
Outro deporte que prácticamos este curso, foi o Noqball. Este e un deporte alternativo, colectivo, de rol, cooperativo, colaborativo, de oposición, mixto, creado e pensado para todos e todas.
Fixemos unha pequena liga, e pasámolo xenial!

XOGOS POPULARES TRADICIONAIS:

Os deportes alternativos teñen un compoñente de motivación enorme, pero non podemos esquecer os xogos de toda a vida, para que o noso alumnado os teña presentes e os poda seguir transmitindo ás  futuras xeracións.
Os xogos de sempre adoitan empregar pouco material, ou material que podemos conseguir facilmente. O xogo do pano, a coitadela, a mariola, as chapas, a pita cega, o brilé...
ORIENTACIÓN:
Aproveitando o bo tempo de final de curso, traballamos a orientación. Aprendimos a orientar un mapa, a localizar e marcar balizas no mesmo e a anotalas en tarxetas de rexistro, e chegamos a facer algunha carreira de orientación por equipos.

SCAPE ROOM: 
E como o prometido é débeda, para rematar o curso o noso alumnado tivo que superar un complicado Scape Room coopertaivo por equipos.
Os equipos superaron diferentes retos para conseguir abrir os cadeados que daban coa clave final, que  liberaban ós Youtubers, dun perigoso hacker.
E como non podía ser doutro xeito, os nosos super alumnos e alumnas de 3º e 4º, traballaron en equipo e conseguirono!!!!
Noraboa campións e campioas!!!



PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO DURANTE ESTE CURSO TAN COMPLICADO.
UNHA APERTA!!

luns, 21 de xuño de 2021

Orientación en 5º e 6º de Primaria

   Para rematar o curso o alumnado de 5º e 6º de Primaria traballou a orientación no mes de xuño.

  As actividades consistiron na busca de probas empregando o mapa do recinto escolar.