luns, 18 de decembro de 2023

Visita de Eugenia Gil Soriano

  Seguimos coas visitas relacionadas co Proxecto das Olímpiadas.

  Hoxe visitounos Eugenia Gil Soriano,atleta e árbitra da Liga Iberdrola da Primeira División Feminina de fútbol de España. Tamén é atleta especializada nos 400 e 800 metros. 

  Eugenia contoulle ao alumnado de 3º de Primaria o seu día a día como árbitra profesional. Tamén lles falou da súa pasión polo deporte en xeral.

  Grazas pola visita Eugenia!!



venres, 15 de decembro de 2023

Esgrima

   Esta semana o alumnado de 3º a 6º de Primaria está coñecendo a modalidade de esgrima gracias á colaboración do club 100tolos.

  Aprenden a técnica da modalidade e tamén practican os combates de esgrima.


 



 

mércores, 13 de decembro de 2023

Recollebolas

  O alumnado de 2º de Primaria tamén vai elaborar material para as súas sesións.

  Esta é a ficha do recollebolas:

    Tamén deixamos un titorial coas instrucións para a súa fabricación:


 

martes, 12 de decembro de 2023

Aro voador

   O alumnado de 5º e 6º de Primaria tamén teñen que elaborar o seu propio material.

  Imos traballar con aros voadores feitos con cartón.

  Neste titorial explícanse os pasos para a súa elaboración:

 


 

luns, 11 de decembro de 2023

Pelota de malabares

    No segundo trimestre o alumnado de 3º e 4º de Primaria elaborará o seu propio material.

    Neste titorial explícase como facer as pelotas de malabares:

   


 

martes, 5 de decembro de 2023

Saltos

   Estamos rematando o trimestre e facémolo co traballo de saltos.

  O alumnado practica saltos individuais e grupais con cordas.



luns, 4 de decembro de 2023

domingo, 3 de decembro de 2023

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

   O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

  Como este curso estamos traballando as Paraolimpíadas, imos presentar varios deportes Paralímpicos.

  

  - Baloncesto en cadeira de rodas:


  - Tenis en cadeira de rodas:


   - Atletismo:


  - Natación:


  - Ciclismo: