xoves, 9 de marzo de 2023

Xornadas de balonmán

Esta semana recibimos a visita do Club Balonmán Brigantium. 

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria están coñecendo un pouco mellor o balonmán.



 

 

luns, 6 de marzo de 2023

Camiño dos Faros: vídeo da 6ª etapa

  No mes de marzo imos coa 6ª etapa do Camiño dos Faros. 

  De Camariñas ata Muxía cunha distancia de 32 km. 

  Este é o vídeo da etapa:

 


 

xoves, 2 de marzo de 2023

Esgrima co club 100tolos

   Esta semana o alumnado de 3º a 6º de Primaria está coñecendo a esgrima gracias ao club 100tolos.

  Aprenden a técnica da modalidade e tamén practican os combates de esgrima.



venres, 24 de febreiro de 2023

Floorball (iniciación ao hóckey)

   Estamos rematando a unidade didáctica de iniciación ao hóckey.

   Comezamos con tareas de familiarización e despois xa xogamos partidos realizando variantes no xogo.



xoves, 16 de febreiro de 2023

Charla sobre a danza

   Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva que realizamos no cole, onte o alumnado de 6º de Primaria participou nunha charla sobre a danza.

  Con esta charla o alumnado tivo unha oportunidade extraordinaria para achegarse ao mundo da danza.

  Iván Villar (Premio Max 2021 ao mellor intérprete de danza masculino), xunto a dúas compañeiras e un compañeiro da compañía Nova Galega de Danza impartiron unha charla sobre a danza e a historia da compañía.

  A compañía Nova Galega de Danza fusiona danza e música de raíz Galega, tradición e vangarda con vocación universal.



xoves, 9 de febreiro de 2023

Programa Alimentes: visita ao Gadis

   O alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou o supermercado Gadis grazas ao seu programa educativo Alimentes. 

  Deste xeito tivemos a oportunidade de aprender máis a fondo sobre a alimentación saudable, o consumo responsable e o desperdicio alimentario.



 

venres, 3 de febreiro de 2023

Camiño dos Faros: vídeo da 5ª etapa

  No mes de febreiro imos coa 5ª etapa do Camiño dos Faros. 

  De Arou ata Camariñas cunha distancia de 25 km. 

  Este é o vídeo da etapa: