Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva que realizamos no cole, onte o alumnado de 6º de Primaria participou nunha charla sobre a danza.
Con esta charla o alumnado tivo unha oportunidade extraordinaria para achegarse ao mundo da danza.
Iván Villar (Premio Max 2021 ao mellor intérprete de danza masculino), xunto a dúas compañeiras e un compañeiro da compañía Nova Galega de Danza impartiron unha charla sobre a danza e a historia da compañía.
A compañía Nova Galega de Danza fusiona danza e música de raíz Galega, tradición e vangarda con vocación universal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario