martes, 12 de marzo de 2024

Circuito de carreiras populares: CoruñaCorre 2024

  Desde o Concello da Coruña infórmannos que está aberto o prazo de inscrición na XI Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.

As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse de maneira individual. A inscrición de menores é de balde.

 

O Circuíto comezará o vindeiro sábado 23 de marzo coa XII Carreira Popular da Torre.

 Co fin de promover a práctica do deporte e hábitos de vida saudables animamos a nosa comunidade educativa a participar neste circuíto de carreiras.

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario