mércores, 26 de outubro de 2022

Aros

   Estas semanas estamos traballando con aros.

  Afianzamos contidos como a lateralidade e a coordinación.



xoves, 20 de outubro de 2022

Traski en 3ºC

   Traski ademais de guiar no Camiño dos Faros ao noso alumnado, tamén o acompaña dentro das aulas.

   En 3ºC crearon o seu marcapáxinas da biblio con Traski.




martes, 18 de outubro de 2022

Camiño dos Faros: 1ª etapa

   No mes de outubro estamos facendo a 1ª etapa entre Malpica de Bergantiños e a 

 praia de Niñóns (21,9 km).

  Todo o alumnado participa na actividade do Proxecto de Vida Activa e Deportiva.

 



xoves, 13 de outubro de 2022

Camiño dos Faros: vídeo da 1ª etapa

  Todo o alumnado do cole iniciou a 1ª etapa do Camiño dos Faros

  A etapa comeza en Malpica de Bergantiños e chega a Niñóns.

  Para que o alumnado coñeza o percorrido temos este vídeo para explicarlles a etapa.



venres, 30 de setembro de 2022

Quen é Traski?

“Traski é ese pequeno ser , ese trasno que está aí aínda que non o vexas, que te está acompañando en todo momento e forma parte de toda esta aventura. Todos imos detrás de Traski e con el aprendemos a historia e as paisaxes destes casi 200 kilómetros. Traski sempre está aí…”


 

mércores, 28 de setembro de 2022

O Camiño dos Faros no María Pita

   Este curso imos facer o Camiño dos Faros no María Pita.

  Todo o alumnado, desde Infantil ata 6º de Primaria, fará as 8 etapas do Camiño polo recorrido marcado polo cole.

  Arrancamos en outubro e remataremos en xuño.

  Adiante trasniños!!