Imos rematar os contidos do 1º trimestre traballando os equilibrios.
Practicamos os equilibrios estáticos e dinámicos, tanto co propio corpo como con materiais.
Imos rematar os contidos do 1º trimestre traballando os equilibrios.
Practicamos os equilibrios estáticos e dinámicos, tanto co propio corpo como con materiais.
Para o segundo trimestre o alumnado de 2º e 3º de Primaria tamén elaborarán o seu propio material.
Neste caso terán que facer 2 pelotas de malabares.
No seguinte titorial explícase o proceso para facelas:
Para o segundo trimestre o alumnado de 5º e 6º de Primaria teñen que elaborar o seu propio material.
Imos a traballar con aros voadores feitos con cartón.
Neste titorial explícanse os pasos para a súa elaboración:
Este curso o cole participa nos Proxectos de Vida Activa e Deportiva dentro das actividades do Plan Proxecta.
A modalidade que imos a realizar é a Milla Diaria.
Os obxectivos desta actividade son, entre outros:
- Incrementar a actividade física efectiva diaria do alumnado ao longo do horario lectivo.
- Establecer hábitos de vida saudable para a mellora da calidade de vida.
- Fomentar a práctica de actividade física en alumnos cun estilo de vida sedentaria e reforzar os hábitos daqueles que si a realizan.
Nas sesións destas semanas estamos traballando os saltos.
O alumnado practica saltos individuais (con cordas pequenas) e saltos grupais (coas cordas grandes).
Esta semana recibimos a visita do Club Balonmán Brigantium.
O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria están coñecendo un pouco mellor o balonmán.