xoves, 12 de novembro de 2020

Día do Peón no CEIP María Pita

  Onte celebramos o Día do Peón nas clases de Educación Física.

  Aínda que o alumnado non bailou os peóns, explicamos as súas partes e os mestres fixemos unha demostración de como bailan.




 



mércores, 11 de novembro de 2020

Día do Peón

  O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón.

  Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega.

  Premendo na imaxe podemos ver un vídeo de como se fai un peón.



  


 

 

luns, 26 de outubro de 2020

Elaboramos tamén un aro voador

  Seguimos co apartado de crear o noso propio material. 

  Imos facer un aro voador, xa veredes que doado.

  Para facelo podemos seguir o seguinte titorial:

 


 

 

 

martes, 20 de outubro de 2020

Imos elaborar a nosa pelota de malabares

  Despois do lanzador toca facer a nosa pelota de malabares.

  No seguinte titorial podemos ver como se fai.

 



Recicla-xogo: elaboramos o noso lanzador con material de refugallo

   Este curso o noso alumnado vai elaborar diferente material para as sesións de Educación Física empregando material de refugallo.

  Hoxe toca facer o noso lanzador. 

  No seguinte titorial vemos como se constrúe e algún exemplo dos diferentes xogos que podemos facer.

 


 


luns, 5 de outubro de 2020

Dámosvos a benvida ao noso blog !!

   

Queremos darvos a benvida ao blog do Departamento de Educación Física do CEIP María Pita.

A través del pretendemos contribuír á divulgación da actividade física na comunidade educativa.  Iremos mostrando as actividades que fagamos no cole ao longo do curso.

Animámosvos a participar a través dos vosos comentarios!!