mércores, 17 de abril de 2024

Día da Educación Física na Rúa

   Hoxe, 17 de abril, celébrase o Día da Educación Física na Rúa.

   Entre os obxectivos desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.

   Para celebralo imos realizar varias das sesións de Educación Física de hoxe no parque de Oza.

luns, 15 de abril de 2024

Primeiros Auxilios: canción de reanimación

    Xa temos preparada a presentación coa canción para cantar esta semana.

 


Semana dos Primeiros Auxilios

 Esta semana faremos nas aulas varias actividades para que o alumnado coñeza os Primeiros Auxilios e a súa importancia.

  Desde Infantil ata 6º de Primaria, as nenas e nenos coñecerán as técnicas básicas sobre os Primeiros Auxilios.


 

mércores, 3 de abril de 2024

Agradecementos de Save the Children

   Esta semana recibimos o selo de centro solidario de Save the Children.

  Tamén nos enviaron o diploma de agradecemento pola carreira solidaria que fixemos en colaboración con eles para recadar fondos para a súa organización.

  Grazas a toda a comunidade educativa por facer posible este tipo de actividades.

  Parabéns!!

 



 

martes, 2 de abril de 2024

A Ruta do Facho Olímpico: 7ª etapa (Sao Paulo - Sídney)

   En abril imos coa 7ª etapa da Ruta do Facho Olímpico no María Pita.

  A etapa a percorrer vai de Sao Paulo (Brasil) a Sídney (Australia).