martes, 18 de outubro de 2022

Camiño dos Faros: 1ª etapa

   No mes de outubro estamos facendo a 1ª etapa entre Malpica de Bergantiños e a 

 praia de Niñóns (21,9 km).

  Todo o alumnado participa na actividade do Proxecto de Vida Activa e Deportiva.

 



xoves, 13 de outubro de 2022

Camiño dos Faros: vídeo da 1ª etapa

  Todo o alumnado do cole iniciou a 1ª etapa do Camiño dos Faros. 

  A etapa comeza en Malpica de Bergantiños e chega a Niñóns.

  Para que o alumnado coñeza o percorrido temos este vídeo para explicarlles a etapa.



venres, 30 de setembro de 2022

Quen é Traski?

“Traski é ese pequeno ser , ese trasno que está aí aínda que non o vexas, que te está acompañando en todo momento e forma parte de toda esta aventura. Todos imos detrás de Traski e con el aprendemos a historia e as paisaxes destes casi 200 kilómetros. Traski sempre está aí…”


 

mércores, 28 de setembro de 2022

O Camiño dos Faros no María Pita

   Este curso imos facer o Camiño dos Faros no María Pita.

  Todo o alumnado, desde Infantil ata 6º de Primaria, fará as 8 etapas do Camiño polo recorrido marcado polo cole.

  Arrancamos en outubro e remataremos en xuño.

  Adiante trasniños!!


 

venres, 23 de setembro de 2022

Temos pegadas e sinais polo cole...

   Esta semana apareceron polos patios do cole unhas pegadas e sinais verdes...

   Un novo camiño vai comezar.

   Preparadas e preparados?



martes, 20 de setembro de 2022

Comezamos o curso 2022 - 2023

   Benvidas e benvidos ao novo curso!!

   Nestas primeiras sesións de setembro estamos recordando a importancia do quencemento nas sesións de Educación Física.

  Iniciamos as sesións con movilidade articular, estiramento e xogos de pilla.