Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Hoxe fixemos unha actividade moi chula!!
O alumnado de Infantil e ata 5º de Primaria participaron na canción dos Primeiros Auxilios.
4º, 5º, 6º de Infanril e 1º de Primaria trouxeron bonecos para practicar as maniobras de RCP mentres o alumnado de cursos superiores cantaba a canción para guialos.
Dentro da Semana dos Primeiros Auxilios, o alumnado de 6º de Primaria participou nun obradoiro de Primeiros Auxilios.
A actividade foi impartida por enfermeiras do Grupo Docente de Enfermería Familiar e Comunitaria da Área Sanitaria de A Coruña e Cee.
O alumnado traballou os contidos de RCP, maniobra de Heimlich e Posición Lateral de Seguridade.
Hoxe, 16 de abril, celébrase o Día da Educación Física na Rúa.
Entre os obxectivos
desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o
desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de
actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.
Para celebralo, o alumnado de 3º de Primaria realizou unha sesión de Educación Física no parque de Oza.
Esta semana estamos traballando os Primeiros Auxilios.
Con esta canción o alumnado familiarízase coas técnicas a realizar.
Esta semana rematamos o segundo trimestre.
Estamos traballando a unidade didáctica de iniciación ao hóckey.
Comezamos con tareas de familiarización e despois xa xogamos partidos realizando variantes no xogo.