Seguimos coa celebración do Día do Peón e hoxe recibimos a visita de Luis Ramas, Mestre de Educación Física que sabe moito de buxainas.
Gracias Luis por ensinarnos tanto sobre as buxainas.
Seguimos coa celebración do Día do Peón e hoxe recibimos a visita de Luis Ramas, Mestre de Educación Física que sabe moito de buxainas.
Gracias Luis por ensinarnos tanto sobre as buxainas.
O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón.
Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega.
No colexio preparamos unha exposición de buxainas decoradas polo alumnado.
E o mércores 12 teremos un obradoiro de peóns impartido por Luis Ramas.
O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón.
Para celebrar o Día do Peón, imos preparar no cole unha exposición de buxainas decoradas polo alumnado.
Xa temos PDI deste curso!
Imos chamerlle: "Xogolandia, o lugar dos xogos".
Este curso imos gozar dos xogos no seu espectro máis amplo: populares, de mesa, tradicionais,....
Unha cousa témola clara, seguro que o pasamos moi ben!!
O alumnado esta reforzando os contidos sobre lateralidade. Traballamos con varios materiais e diferentes tareas.
Hoxe visitounos o Viaxes Amarelle FSF, club de fútbol sala feminino da nosa cidade.
Presentáronnos a actividade "Coñece o meu club", iniciativa promocionada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
O alumnado de 3º e 4º de Primaria participou nunha xornada lúdico-formativa na que as xogadoras do Club explicaron esta modalidade e realizaron tareas específicas do fútbol sala.
Grazas pola visita!
Hoxe o alumnado de 4º de Primaria visitou o estadio de ABANCA Riazor.
Coñecemos a zona da historia do Club, paredes dos títulos, vestiarios, zona mixta, sala de prensa e túnel de saída ao campo.
Tamén tivemos a oportunidade de coñecer anécdotas e curiosidades do equipo da nosa cidade.
Moitísimas grazas a Sergio e ao Real Club Deportivo de La Coruña pola invitación.
Esta semana recibimos a visita do Club Esgrima Coruña.
O seu técnico, Amauris Temó, practicou a modalidade co alumnado de 3º a 6º de Primaria.
Grazas pola visita!
Este curso continuamos coa dinamización dos nosos Recreos Activos.
O alumnado dispón de material diverso para os recreos, entre eles o noso carro de Recreos Activos.
Xa estamos de volta!
Benvidas e benvidos ao curso 2025 - 2026.
Os mestres de Educación Fisica xa estamos preparando actividades para este curso, estade atentas e atentos ao blog...

Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Toca darlle os parabéns ás nosas nenas e aos nosos nenos polo moito que se esforzaron neste curso.
Bo verán rapazada!!
Esta semana recibimos a visita do Club Balonmán Brigantium.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria están coñecendo un pouco mellor o balonmán.
No tercerio trimestre traballamos varios deportes colectivos.
Estas semanas practicamos o baloncesto.
Esta semana recibimos o selo de centro solidario de Save the Children.
Tamén nos enviaron o diploma de agradecemento pola carreira solidaria que fixemos en colaboración con eles para recadar fondos para a súa organización.
Grazas a toda a comunidade educativa por facer posible este tipo de actividades.
Parabéns!!
Onte celebramos o Día da Educación Física na Rúa realizando unha sesión co alumnado de 3º de Primaria no parque de Oza.
Hoxe, 10 de abril, celébrase o Día da Educación Física na Rúa.
Entre os obxectivos
desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o
desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de
actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.
Para celebralo imos realizar varias das sesións de Educación Física de hoxe no parque de Oza.
Esta semana, despois de recibir a formación en Primeiros Auxilios, o alumnado de 3º e 4º de Primaria puxo en práctica os coñecementos adquiridos empregando o material cedido por Protección Civil de A Coruña.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro impartido por Federico de la Fuente, de Protección Civil de A Coruña.
Primeiro houbo unha parte teórica e despois as nenas e nenos tiveron outra parte práctica.
Moitas grazas a Federico e a Protección Civil por impartir esta actividade.