Imos rematar os contidos do 1º trimestre traballando os equilibrios.
Practicamos os equilibrios estáticos e dinámicos, tanto co propio corpo como con materiais.
Imos rematar os contidos do 1º trimestre traballando os equilibrios.
Practicamos os equilibrios estáticos e dinámicos, tanto co propio corpo como con materiais.
Para o segundo trimestre o alumnado de 2º e 3º de Primaria tamén elaborarán o seu propio material.
Neste caso terán que facer 2 pelotas de malabares.
No seguinte titorial explícase o proceso para facelas:
Para o segundo trimestre o alumnado de 5º e 6º de Primaria teñen que elaborar o seu propio material.
Imos a traballar con aros voadores feitos con cartón.
Neste titorial explícanse os pasos para a súa elaboración:
Este curso o cole participa nos Proxectos de Vida Activa e Deportiva dentro das actividades do Plan Proxecta.
A modalidade que imos a realizar é a Milla Diaria.
Os obxectivos desta actividade son, entre outros:
- Incrementar a actividade física efectiva diaria do alumnado ao longo do horario lectivo.
- Establecer hábitos de vida saudable para a mellora da calidade de vida.
- Fomentar a práctica de actividade física en alumnos cun estilo de vida sedentaria e reforzar os hábitos daqueles que si a realizan.
Nas sesións destas semanas estamos traballando os saltos.
O alumnado practica saltos individuais (con cordas pequenas) e saltos grupais (coas cordas grandes).
Esta semana recibimos a visita do Club Balonmán Brigantium.
O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria están coñecendo un pouco mellor o balonmán.
O alumnado de 2º e 3º de Primaria está practicando distintas formas de desprazamentos a través de circuitos con diverso material.
A mestra Lara elaborou este vídeo da carreira ENKI do pasado venres.
Premede na imaxe para ver o vídeo.
Hoxe o alumnado de 4º de Primaria participou na carreira ENKI que celebramos no cole.
A carreira ENKI é unha carreira lúdica de obstáculos pola inclusión.
As nenas e nenos gozaron da proba e remataron cun baile que nos preparou a mestra Lara.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria están traballando os contidos sobre expresión corporal.
Nas imaxes vemos como os distintos grupos representan deportes que as compañeiras e compañeiros deben identificar.
Xa estamos de volta!
Benvidas e benvidos ao curso 2021 - 2022.
Os mestres de Educación Fisica xa estamos preparando actividades para este curso, estade atentas e atentos ao blog...
NINJA WARRIOR:
Tratouse dun concurso de Parkour por equipos. Foi todo un éxito, e estes pequenos especialistas en Parkour sumaron os puntos suficientes para acadar o maior premio: un Scape Room ó final de curso.
XOGOS DO MUNDO:
Quén dixo que este ano non se podía viaxar?...
O alumnado de 3º e 4º viaxou por todo o mundo grazas os xogos de EF.
Para rematar o curso o alumnado de 5º e 6º de Primaria traballou a orientación no mes de xuño.
As actividades consistiron na busca de probas empregando o mapa do recinto escolar.
Este pasado martes recibimos a visita do deportista olímpico coruñés Chuny Bermúdez de Castro.
A charla está encadrada no Ciclo Coruña Olímpica que quere achegar a experiencia olímpica dos/das deportistas coruñeses/as ao alumnado dos colexios da nosa cidade.
Na charla, conducida pola periodista Lis Franco, o deportista contoulle ao alumnado de 3º de Primaria as súas experiencias deportivas e tamén persoais nun evento da magnitude duns Xogos Olímpicos.
Este é o vídeo - presentación da actividade Ciclo Coruña Olímpica:
O alumnado de 1º de Primaria practicou as habilidades físicas básicas mediante circuitos.
Experimentaron distintos tipos de desprazamentos, saltos, xiros, ...
Estas son algunhas das imaxes das sesións de Educación Física de onte.
Para celebrar o Día da Educación Física na rúa fixemos varias sesións nos arredores co colexio.
O 28 de abril celébrase o Día da Educación Física na rúa.
Entre os obxectivos desta iniciativa está mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral do alumnado e fomentar a práctica de actividades físicas variadas para o benestar físico, psíquico e social.
No noso cole imos realizar varias das sesións de Educación Física de hoxe na rúa.
![]() | |
O alumnado de 2º de Primaria iniciou o 3º trimestre traballando co material que fixeron na casa.
Elaboraron os recollebolas para as sesións de Educación Física e divertíronse moito.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria rematou o 2º trimestre traballando distintos elementos de Parkour.
Primeiro practicaron no ximnasio para despois poñelos en práctica no exterior.
Para rematar o 2º trimestre o alumnado de 1º de Primaria traballou os lanzamentos.
Practicaron cos bolos, aros, discos voadores, ...
Como exemplo esta imaxe:
O alumnado de 2º de Primaria vai elaborar o seu propio material para as sesións de Educación Física no 3º trimestre.
Nas sesións de Educación Musical e de Educación Física adaptamos os contidos traballados para relacionalos coa celebración do Día Mundial da Obesidade.
Falamos sobre horas de sono, alimentación, actividade física, emocións, ... e fixemos bailes e xogos sobre estes contidos.
O 4 de marzo é o Día Mundial da Obesidade. Por este motivo o noso colexio participa no movemento #PorLaSaludInfantil que promove a Gasol Foundation. Faremos as actividades propostas pola fundación para este día.
Nas sesións de Educación Musical e de Educación Física recordaremos ao noso alumnado a importancia de manter uns hábitos saudables no día a día.
Premendo na imaxe veredes a web da fundación:
O alumnado de 3º a 6º de Primaria practicaron as técnicas básicas dos Primeiros Auxilios.
Traballaron contidos como a conduta P-A-S (Protexer - Alertar - Socorrer), Posición Lateral de Seguridade ou a RCP.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria empezaron o segundo trimestre traballando os malabares.
Practicaron con unha, dúas e tres bolas!!
Este trimestre seguimos elaborando o noso propio material.
Imos elaborar unhas palas con cartón para xogar ao "Paladós".
Seguindo este titorial podemos crear e personalizar as nosas palas. Hai que poñerse xa que para despois do Entroido empezamos a usalas nas sesións de Educación Física.
Nós xa fixemos as nosas e mirade que ben quedaron: